ConcellosO BarcoÚltima hora

O espírito da ancestral Festa dos Maios, no Barco

 

Malia que a Festa dos Maios non se celebra nas rúas barquenses, por segundo ano consecutivo por mor da situación sanitaria, o espírito desta tradición segue vivo. E mostra disto son xestos como este fermoso Maio de estrutura piramidal, feito por veciños do Barco, que se colocaba este mediodía na Praza Maior, o cerne da vila.

Ademais, a festa ten a suá vertente virtual nun concurso de Maios e coplas, promovido polo Concello en colaboración co Barco Centro Comercial Aberto (CCA) e coa Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA). En total serán case 1.000 euros en vales de compra os que se repartirán nos tres premios previstos en cada unha das catro categorías do concurso.

Para participar nesta iniciativa será necesario cubrir un formulario, que se pode descargar na web www.empresariosdevaldeorras.com entre as 9 horas do 30 de abril e as 14h. do 3 de maio. O certame, aberto tanto a veciños do Barco como a barquenses que residan fóra e mesmo a persoas doutros concellos, conta coas seguintes categorías: Maio tradicional, enxebre ou artístico (víde ou foto), Maio (representación plástica ou meme), Coplas cantadas (texto e vídeo) e coplas escritas (texto ou meme).

Ademais de poñer as imaxes ou vídeos nas redes os Maios (para os que non haberá condicións en canto a dimensións), poderán colocarse tamén no exterior das casas ou en diferentes zonas do municipio.

As bases do concurso poden consultarse aquí:

OsMaiosDoBarco_bases(1)

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button