ConcellosSen categorizar

“O estado salvaxe” abre o pano de “De Perto” no Barco

O Teatro Lauro Olmo da vila acollía este documental teatralizado na tarde do 13 de xuño
Unha escea de "O estado salvaxe. España 1939" no Teatro Lauro Olmo./ Foto: Carlos G. Hervella
Unha escea de “O estado salvaxe. España 1939” no Teatro Lauro Olmo./ Foto: Carlos G. Hervella

“Quizais esperabades ver teatro, pero isto non é unha obra de teatro, isto é un acto de vida”. Subida ao escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco, a barquense María Mercedes Fernández, de 85 anos, comezaba deste xeito o relato dunha vida, dunha familia e dun país, España, dende a guerra civil ata a actualidade. Unha narración á que lle daba forma epistolar. Antes as súa imaxes, tomadas de videos familiares de entre os anos 50 e 80, ilustraban as palabras do seu marido, Manuel Lareo. Con “O estado salvaxe. España 1939” abríase o pano do festival “De Perto-Espazo de Cultura no Barco” o 13 de xuño.

Este “documental teatralizado/performance” está dirixido polo neto da protagonista, Pablo Fidalgo Lareo. Foi realizado entre Galicia, Portugal e Arxentina e producido polo Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco).

“De perto” é unha ducia de propostas, promovidas dende a Concellería de Cultura do Barco, que se desenvolverán por diferentes escenarios barquenses ata mediados de xullo e que incluirán teatro, cinema ou música.

Texto: Ángeles Rodríguez Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button