EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O estilista e modisto Jorge Álvarez faise cun novo concurso de deseño

O xove vianés gana o certame de deseñadores noveis Midnight Fashion Show 2019, do Balneario de Mondariz

Non hai quen o pare. Pouco a pouco, sen presa pero con paso firme, Jorge Álvarez estase facendo un oco no mundo do deseño. Á parte das súas facetas como perruqueiro, estilista e modelo, este xove vianés leva un tempo adentrándose no sector téxtil, presentándose e ganando, os mellores concursos de Galicia, con propostas transgresoras que non deixan indiferente a ninguén.

O ano pasado ganaba o primeiro premio no concurso da Mostra do Encaixe de Camariñas e onte, 19 de xullo, volvía facerse con outro certame, desta volta o Midnight Fashion Show 2019 organizado polo Balneario de Mondariz, no que competiu con outros sete deseñadores noveis de toda Galicia.

Sempre innovando e sorprendendo ao público, Jorge presentou en Mondariz parte da súa nova colección “inspirada nunha festa clandestina gay dos anos 30, onde os homes ventían con roupa feminina a escondidas”, explica o deseñador, engadindo que baixo o título Metamorfosis “xogamos cos diferentes volumes e tonalidades da época; con trasparencias e mangas amplas con variación de tecidos, dende peles sintéticas ata sedas salvaxes, plumas e pedrería, para ensalzar os deseños dun xeito diferente”.

 

Cartel do concurso de xoves promesas do deseño do Balneario de Mondariz.

 

Coa idea de “crear una visión máis ampla, abrindo a mente ao espectador e así crear múltiples sensacións, facendo que non haxa xénero algún”, Jorge mantense fiel á súa liña do transxénero. “Pode gustar moito ou non gustar nada, pero a visión do feminino no home non está tan visto polo que sempre quero arriscar. Ao final todos somos persoas e vestímonos como nos gusta e como nos sentimos máis cómodos”.

Unha vez máis, ao xurado gustoulle a súa proposta outorgánolle o  primeiro premio e os seus veciños, amigos e coñecidos terán tamén ocasión de vela e dar a súa propia opinión na presentación que fará en Viana do Bolo o vindeiro día 11 de agosto.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button