CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O estilo “caleidoscópico” da Banda da Loba enche de ritmo, versos e música O Barco

O seu concerto tiña lugar na noite do 13 de xullo á beira do Sil, no marco do ciclo “De Perto”

Cun “popurri de mulleres” que levantaba ao público das súas cadeiras e o convidaba a bailar e cantar finalizaba o concerto que a Banda da Loba ofrecía á orela do Sil, nunha bochornosa noite de 13 de xullo no Barco. Era un recital que achegaba á reflexión, pero tamén á festa, e no que, cun estilo “caleidoscópico”, tal e como a propia a banda o definía, conquistába ao público dende o principio.

Marcela Porto (batería), Andrea Porto (baixo), Estela Rodríguez (violín), Inés Mirás (guitarra) e Xiana Lastra (voz) despregaban un recital de temas propios como o de “Nunca ninguén”, “Pepa”, a descoñecida heroína que dá nome á banda; ou “Afogadas” que recolle a historia dunha aldea ourensá asolagada polos encoros, así como de particulares versións musicais de poemas de autores galegos como Manuel María ou Celso Emilio Ferreiro.

A seguinte cita con De Perto retomará a narración oral da man do contador vigués Avelino González o vindeiro 17 de xullo ás 20:30h. no Xardín da Casa Grande de Viloira.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button