EconomíaEconomíaÚltima hora

O evento gastronómico “GastroFan”, do 13 ao 16 de outubro en El Rosal

Contarase co co Chef Bosquet e Ketty Fresneda, finalista de Master Chef e un show de coctelería acrobática, entre outras propostas

 

Do 13 ao 16 de outro o Centro Comercial El Rosal de Ponferrada acollerá o evento gastronómico “GastroFanShowcookings” co Chef Bosquet e Ketty Fresneda, finalista de Master Chef, un show de coctelería acrobática, talleres e promocións exclusivas, entre outras actividades que se sucederán durante as catro xornadas da acción.

GastroFan arrincará o mércores día 13 de outubro coa promoción “ Ei disfrutón, dálle ao botón” unha acción vinculada co Club dos Disfrutones El Rosal, na que se poderá participar ata o 16 de outubro en horario de 17:00 h a 21:30 h e o sábado de 12:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 21:30 h. Os clientes poderán pulsar un botón e coñecer nese mesmo instante que premio gañaron. Haberá máis de 3.000 euros en agasallos, desde packs gourmet con produtos locais ata vales desconto para gozar na zona de restauración e lecer do Centro Comercial.

O xoves día 14 de outubro de 19:30 h a 20:30 h o centro comercial contará coa presenza de Ketty Fresneda, finalista de Master Chef, que impartirá un Showcooking de Batch Cooking, unha das tendencias gastronómicas do momento.

O venres 15 de outubro contarase coa presenza de Pedro García, campión de España en coctelería acrobática, que sorprenderá aos asistentes cun taller de cócteles sen alcol e cos mellores movementos, trucos e acrobacias. Levará a cabo dous pases en horario de 19:30 h a 20:15 h e de 20:45 h a 21:30 h.

Como colofón a estas xornadas gastronómicas, o sábado día 16 visitará El Rosal o Chef Bosquet, un dos chefs máis mediáticos do momento especializado en cociña sa e saudable e que conta con máis de 700.000 seguidores nas súas redes sociais. Impartirá un orixinal Showcooking de Fast Good empregando produtos locais en horario de 19:30 h a 20:30 h.

Os interesados en asistir aos distintos eventos terán que inscribirse previamente no Punto de Atención ao Cliente, xa que as actividades contan con todas as medidas de seguridade e hixiene, polo que as prazas son limitadas para así cumprir coa distancia de seguridade establecida. As prazas presenciais sortearanse entre todos os rexistrados e, os demais, poderán seguilo en rigoroso directo en streaming a través da canle Youtube de El Rosal. Entre os asistentes en liña e presenciais sortearanse packs gourmet e pequenos electrodomésticos.

Artigos relacionados

Back to top button