Monográfico Entroido 2012Monográficos

O Felo: estrela da festa en Maceda

Estas máscaras percorrerán de novo as rúas do municipio durante os días grandes do Entroido
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

De sorriso irónico, a indumentaria colorista e o caiado como arma intimidatoria, o Felo é o protagonista indiscutible da festa no Entroido de Maceda. Durante unha semana percorren os pobos do concello, meténdose coas mozas, burlándose dos veciños, disfrutando do poder que lles dá a festa… Representa a virilidade máis fidedigna e “pode trasgreder as normas pois é a autoridade nestas datas” di Santiago Prol, aínda que “o seu espírito anárquico e rebelde estase modificando”. Segundo explica Prol na actualidade “confórmanse en grupos”.

Os máis pequenos tamén se suman, “algúns sitúanse estratexicamente nas entradas de Maceda intimidando aos que entran e saen nos coches para que solten os cartos, vanse descubrindo, introducen outros costumes. Novos tempos que -nalgúns xestos- colisionan coa tradición”.

Malia que ao peche desta edición o programa do Concello non estaba pechado, é de supoñer que os Felos percorrerán de novo as rúas do municipio durante os días grandes do Entroido, animando o ambiente e lembrando a veciños e visitantes que nestas datas eles son os reis do pobo.

Texto: Mónica G. Bellver/ Ourense Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Especial Entroido de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button