ConcellosO BarcoÚltima hora

O Festival de Cans recala no Barco

 

A través do seu novidoso formato “Cans Expandido” o Festival de Cans desembarcaba en terras valdeorresas na noite do 10 de setembro. A praza Maior do Barco convertíase en sala de cine ao aire libre e nela se proxectaban as curtas que formaban da sección de Ficción e Animación da competición oficial do XVII Festival de Cans, celebrado hai uns días.

O proxecto “Cans Expandido” aposta por “incrementar a visibilidade das curtametraxes, ante a redución de aforo que tivo que aplicar o festival para adaptarse á normativa Covid”, indican os seus promotores.

Esta iniciativa estase a desenvolver en diferentes lugares da xeografía galega entre eles O Barco, Ourense ou O Carballiño. No caso das proxeccións do Barco facíanse coa colaboración do Cine Club Groucho Marx.

 

Artigos relacionados

Back to top button