CulturaCultura

O Festival de Nadal da Escola Provincial de Danza ofrecerá música, canto e baile

A cita será mañá no Teatro Principal da capital ás 20:15 horas
phoca_thumb_l_20151217_festi_nadal_0057
Foto de grupo dos alumnos e alumnas da Escola Provincial de Danza no festival do ano pasado.

Como cada ano, a Escola Provincial de Danza da Deputación celebra o seu tradicional Festival de Nadal como peche das actividades do primeiro trimestre do curso 2016-2017. O evento terá lugar mañá xoves ás 20:15 horas no Teatro Principal de Ourense.

Os alumnos e alumnas, con idades comprendidas entre os 5 e os 60 anos, ofrecerán un espectáculo de canto, música e baile cunha duración aproximada dunha hora. O repertorio terá unha ampla oferta de espectáculos con muiñeiras, jotas, polkas, pasodobres, así como cantigas de Nadal, para desexarlle unhas boas festas aos asistentes.

Asemade, durante todo o mes de decembro e ata o 15 de xaneiro, estará exposta a mostra “Estampas de Romaría” no Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación -situado no centro comercial “As Lagoas”-. Esta mostra enmárcase dentro do Outono Fotográfico e a compoñen 25 fotografías premiadas no concurso XV Romaría Etnográfica Raigame, que na súa modalidade de “Mellor Fotografía”, resultou gañadora a ourensá, Ana Iglesias, sendo o pontevedrés Ángel Paz, o gañador na categoría de “Mellor Serie”.

 

Artigos relacionados

Back to top button