Publicidade
CulturaCulturaÚltima hora

O festival de poesía e arte “Grito de Mujer”, por segunda vez en Valdeorras, en marzo de 2020

Xa está aberto o prazo de recepción de poemas que deberán versar sobre o lema deste ano: "¿Quien grita por ti?"

Coordinadora xeral para as provincias de León e Lugo, e para a comarca de Valdeorras do Festival Internacional de Poesía e Arte “Grito de Mujer”, na edición de 2018 no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Entre o 1 e o 31 de marzo de 2020 celebrarase simultaneamente en todo o mundo, o 10° Festival Internacional de Poesía e Arte “Grito de Mujer” creado pola escritora e poeta Jael Uribel, que por segundo ano chega ao Barco de Valdeorras coordinado por Edith Fernández.

O lema deste ano do festival é ¿Quién grita por ti? e esa será a temática sobre a que versarán os poemas que participen nesta edición, que serán inéditos, e cuxa recepción está aberta dende o mes de novembro.

Tal como avanza Edith, poden participar “sen distinción de xénero, de España ou do estranxeiro, poetas en xeral, consagrados ou descoñecidos, xoves e adultos que simpaticen coa causa, que escriban poesía ou relato breve e que teñan un mínimo de calidade na temática referida”. Aínda que prima a poesía, o festival tamén está aberto a artistas “que queiran colaborar altruistamente coa súa arte en baile, escultura, canción, pintura, fotografía, etc…”, puntualiza a coordinadora para Valdeorras.

Para máis información e bases: http://www.gritodemujer.com e edith24400@hotmail.es

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close