OurenseÚltima hora

O Festival Internacional de Blues de Ourense cumpre 15 anos

Rob Tognoni, Lluis Coloma e Izo Fitzroy actúan hoxe e mañá no Teatro Principal

Con quince anos de traxectoria, un outono máis o Festival Internacional de Blues regresa ao Teatro Principal de Ourense con tres dos embaixadores do blues-rock, boogie woogie, soul e gospel da actualidade: Rob Tognoni, Lluis Coloma e Izo Fitzroy.

O primeiro, guitarrista, vogalista e compositor australiano subirase ao escenario esta tarde (venres 16 de novembro) ás 21h. acompañado da súa sección rítmica formada polos británicos, Mike Hellier á batería e Gaz Rackham ao baixo. Unha hora e media despois tocaralle o turno a Coloma, pianista, organista, compositor e arreglista nado en Barcelona, que chega en formación de trío, con Manolo Germán ao contrabaixo e Marc Ruíz á batería.

A última en actuar, mañá sábado 17 de novembro ás 22h. será Izo Fitzroy, vogalista e pianista londinense que vén ao fronte dun septeto con 3 coristas, para presentar entre outras, cancións do seu novo álbume, Skyline. Actuaciones crudas e dinámicas, e composicións honestas, é a proposta desta artista, convertida actualmente na nova diva do blues e do soul no Reino Unido.

Fotos: James Hole/ Miquel Carol/ Break Music.

 

Artigos relacionados

Back to top button