OurenseÚltima hora

O Festival Internacional de Curtas de Verín abre o prazo para presentar traballos

Mantendo a liña de anos anteriores, as pezas poden concorrer en catro categorías: Outra Mirada, Horizontes, A Raia e Nova
Imaxe da pasada edición do Festival Internacional de Curtas de Verín Vía XIV./ Foto: Carlos G. Hervella.

Xa está en marcha a engranaxe organizativa do IV Festival Internacional de Curtas (FIC) de Verín Vía XIV. A finais de maio activábanse as bases para a vindeira edición do certame, que se celebrará na vila do Támega do 30 de novembro ao 8 de decembro.

As persoas interesadas en participar poderán enviar as súas curtas ata o vindeiro 23 de xullo, tal e como se recolle nas bases que poden consultarse na páxina web www.ficviaxiv.com. As pezas deberán ter unha duración inferior a 31 minutos e ter sido realizadas despois do 1 de xaneiro de 2018.

A inscrición de cada curta será de 2 euros. Co establecemento desta taxa a organización busca “axudar a sufragar os gastos de xestión e desprazamento do equipo de programación do festival e, ao tempo, establecer un filtro de calidade que posibilite un cribado inicial das pezas recibidas”, asegura Carlos Montero, director do FIC.

Mantendo a liña de anos anteriores, os traballos poden concorrer en catro categorías: Outra Mirada, Horizontes, A Raia e Nova. En cada unha delas establécese un premio de 750 euros e outro adicional do publico cunha contía de 600 euros. No 2018 o FIC recibía máis de 1.260 curtametraxes.

Máis información:
http://ficviaxiv.com/es/

Artigos relacionados

Back to top button