OurenseÚltima hora

O Festival Internacional de Curtas de Verín pon o broche a unha exitosa III edición

Jorge Godás Limia e Carlos Montero Zorrilla son dous dos promotores desta iniciativa en torno ao audiovisual
Jorge Godás responsable de Creatividade Multimedia e Carlos Montero, director do FIC.

Meses de traballo, de cálculos, de contactos, de noites sen durmir e a implicación de moita xente, deron como resultado a III edición do Festival Internacional de Curtas, FIC Vía XIV de Verín que arrancaba o 1 de decembro e baixaba o pano hoxe, 9 de decembro co visionado dos traballos gañadores: La poesía solo muere cuando termina, Premio Especial do Público; Judgment, Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial  Nova; Our Song to War; Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial  Outra Mirada; Bacha Posh, Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial Horizontes; Pele de Luz, Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial A Raia; e Fauve, Premio Camira da Crítica.

E entre medias, sete días nos que houbo proxeccións, conferencias, actividades infantís, concertos,… convertendo a Verín no epicentro galego do audiovisual internacional.

Son moitas as persoas que forman o equipo de traballo deste certame, destacando os alma máter da iniciativa: Xosé Lois Santiago “Pello” xefe de produción, Carlos Montero Zorrilla, diector do FIC e Jorge Godás Limia director de Creatividade Multimedia. A Jorge e Carlos podemos velos nun dos momentos divertidos e distendidos que tamén deixou esta edición do festival, consolidado xa no calendario cultural non só de Verín senón de toda Galicia, coa fiestra aberta ao mundo.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button