CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Festival Internacional de Curtas de Verín presenta o vídeo promocional da IV edición

A peza é obra do creativo verinés Jorge Godás e está inspirado no cartel desta edición deseñado por José Antonio Velasco

Un fotograma do vídeo promocional.

 

A menos de dous meses para a data, o Festival Internacional de Curtas de Verín vai abrindo boca con pequenos adiantos da IV edición. Desta volta faio coa presentación do vídeo promocional co que se abrirá a gala de inauguración.

A peza audiovisual é obra do verinés Jorge Godás Limia, membro do equipo directivo e responsable da creatividade e multimedia do festival, e está inspirado no cartel desta edición, obra do creativo publicitario José Antonio Velasco.

O FIC Vía XIV 2019 de Verín celebrarase do 30 de novembro ao 8 de decembro e homenaxeará á actriz ferrolá Mabel Rivera.

O vídeo pode verse no seguinte enlace: http://ficviaxiv.com/fic-via-xiv-youtube/

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close