CulturaCulturaÚltima hora

O Festival Internacional de Teatro de Ourense chega este ano a Barbadás

Será a sede da inauguración do 13º FITO o 14 de outubro e tamén da clausura o día 25

 

Este ano, por primeira vez, o Festival Internacional de Teatro (FITO) traspasa as fronteiras da cidade e chega ata o concello de Barbadás, que acollerá os actos de inauguración (o 14 de outubro) e tamén de clausura (o 25 de outubro).

Por iso, a presentación da 13ª edición do Festival que se desenvolverá en 3 escenarios (Barbadás, Auditorio de Ourense e Universidade de Vigo), era presentada na mañá deste xoves 1 de outubro, na Casa da Cultura de Barbadás, nun acto que contou coa presenza das actrices de Sarabela Teatro (organizador do evento) Fina Calleja e Sabela Gago; do alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel; da concelleira de Cultura, Marga Pérez; do grupo de teatro A Rum Rum.

Na presentación, alcalde destacou o “orgullo contar con este evento en Barbadás porque a cultura é un elemento básico para sosegar os espíritos, para trasladar ledicia e para abrir as mentes. E neste momento que estamos vivindo de “fake news”, a cultura permite abrir as mentes, abrirnos a outras culturas. A cultura ten que ser un elemento para trasladar viveza e alegría á cidadanía”.

 

Cartel desta edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense.

 

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Marga Pérez, destacou o feito de que FITO “amplíe por primeira vez as súas fronteiras para chegar ao concello de Barbadás. Estamos orgullosos de converternos en un punto de encontro da cultura”; mentres que Fina Calleja destacou a colaboración de Barbadás e o “si” do que falou a concelleira de Cultura. “Esta sinerxia de colaboración e entendemento ten a súa orixe dende hai tempo, ven de colaboracións de anos anteriores, ten moito que ver con Alfonso Blanco, coordinador da casa de cultura, e para nós é como ampliar fronteiras de xeito natural para a veciñanza de Barbadás.

A xornada inaugural do 13º FITO será o día 14 de outubro en Barbadás, con teatro na rúa a cargo de O Mono habitado (País Vasco) coa obra Primatium, un tropezó na carreira espacial. O 15 de outubro os protagonistas serán tamén O mono habitado coa obra Benditas. O día 16 Cámara negra escenificará Si esto es un hombre, mentres que o 17 Andrea Quintana interpretará O raro é que bailar sexa raro. O Como remate do FITO en Barbadás o día 25 de outubro Alauda porá en escena a obra Ingenii machina.

 

.

Artigos relacionados

Back to top button