ConcellosEntroido 2021Última horaViana do BoloVídeosVilariño de Conso

O Festival Internacional ViboMask de Viana e Vilariño de Conso volverá no 2022

A organización vén de anunciar a súa intención de celebralo do 27 ao 30 de xaneiro

Un dos folións de Viana do Bolo, desfilando pola vila na edición do 2020 da ViboMask./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Quenta motores unha nova edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask de Viana e Vilariño de Conso. A súa organización vén de anunciar a través das redes sociais que preparán unha nova edición para o 2022. E mesmo concretan as datas: do 27 ao 30 de xaneiro de 2022.

“Volvemos con forza, ilusión e ganas de organizar unha mascarada inesquecible no privilexiado entorno rural de Viana do Bolo e Vilariño de Conso”, aseguran os seus organizadores, que, nun principio, prevén manter a liña de anos anteriores, reunindo a ancestrais figuras das festas de inverno de Galicia, pero tamén doutros puntos de España e mesmo doutros países como Italia e Portugal.

 

Artigos relacionados

Back to top button