CulturaCulturaÚltima hora

O Festival Terra Máxica pecha en Verín cun espectáculo do Mago Paco

Verín clausura a súa programación do Festival Terra Máxica
Verín clausura a súa programación do Festival Terra Máxica.

O Festival Terra Máxica pecha a súa programación no Concello de Verín cunha actuación de maxia o vindeiro 16 de abril. A actividade desenvolverase ás 19.00 horas no salón de actos do Colexio María Inmaculada e estará aberta a todos os públicos.

Baixo o título “Hocus Pocus”, o mago Paco será o encargado de baixar o telón e clausurar a serie de tres espectáculos que o Festival Terra Máxica celebrou en Verín. A primeira edición deste programa, iniciada o pasado 1 de abril, estase a levar a cabo en diversos escenarios de seis concellos da provincia de Ourense: Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, Verín e Viana do Bolo. Ademais dos espectáculos, o festival tamén inclúe obradoiros para rapaces.

É unha iniciativa organizada polo Mago Teto e Culturactiva Sociedad Cooperativa co obxectivo de “achegar a cultura á cidadanía” noutro tipo de espazos, dinamizando tamén a vida cultural destes concellos a través das artes escénicas.

Artigos relacionados

Back to top button