CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O festivo son do acordeón envolve o Centro Cultural Avenida da Rúa

O día mundial deste instrumento elebrábase na tarde do 12 de maio

Por cuarto ano consecutivo Valdeorras acollía, na tarde do 12 de maio, o Día Mundial do Acordeón. Un festival musical organizado por Abertal coa colaboración do Concello da Rúa que contou coa actuación dun bo número de músicos.

Lara Rodríguez, María Blanco, Antela Roo, Sonia Pérez, Ariadna Pérez, Martín González, Jesús Rocha, o grupo de acordeóns Abertal, Argonat Band e por suposto o profesor, Manuel Olegario, foron os protagonistas ao longo de dúas horas, demostrando a versatilidade deste instrumento que igual toca un vals que un pasosobre, un fox ou unha muiñeira.

Presentada un ano máis por Maribel Campos, na gala houbo actuacións en solitario, de dúos, tríos e grupos, ante un entregado público. Manuel Olegario, alma máter do festival, está inmerso no que será o seu primeiro traballo discográfico centrado no acordeón e na Rúa, ademais de acompañar ao seus alumnos, interpretou en solitario e para deleite do público, catro temas, dous de composición propia.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button