En portadaÚltima hora

O FIC Verín arranca cun ciclo de conferencias culturais e audiovisuais

Nelas abordará as principais temáticas desta primeira edición do festival internacional de curtas: Emigración, Fronteiras, Entroido e a Via XIV
A concelleira de Cultural de Verín, intervindo no acto de presentación do ciclo de conferencias do FIC./ Foto: FIC Verín.
A concelleira de Cultural de Verín, intervindo no acto de presentación do ciclo de conferencias do FIC./ Foto: FIC Verín.

O Festival Internacional de Curtametraxes de Verín -VÍA XIV- abre oficialmente o seu programa o 8 de novembro cun completo Ciclo de conferencias culturais e audiovisuais, que terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín durante os días 8, 15, 23 e 30 de novembro. Con el búscase facer un primeiro achegamento ás temáticas desta primeira edición do certame (prevista para primeiros de decembro): a Emigración, as Fronteiras e o Entroido, xunto coaa propia Vía XIV, como elemento vertebrador das mesmas.

Son temas que “consideramos fundamentais no acervo cultural da comarca de Monterrei, xunto coa propia Via XIV e súa importancia como elemento vertebrador do territorio e como factor clave para comprender a dualidade Chaves-Verín, existente ata hoxe dende os tempos da romanización”, sinalaba a concelleira de Cultura de Verín e coordinadora xeral do festival, Emilia Somoza, na presentación destas xornadas didácticas o 28 de outubro na Casa da Cultura do municipio.

Neste acto tamén participaban Carlos Montero Zorrilla, responsable do departamento municipal de Comunicación e director do festival, e Bruno Rúa, coordinador da área de conferencias do mesmo.

O antropólogo Manuel Mandianes.
O antropólogo Manuel Mandianes.

O ciclo de conferencias encetarase o día 8 de novembro da man do investigador Manuel Mandianes. Este antropólogo, natural de Loureses (Os Blancos), disertará sobre o sinal antropolóxico que a “Raia” deixou nos habitantes dun e doutro lado da fronteira, con referencias a cuestións como o contrabando e a transferencia da cultura popular.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button