CulturaCulturaÚltima hora

O filme “A Esmorga” estrea páxina web

Esta longametraxe, dirixida polo valdeorrés Ignacio Vilar, abrirá o vindeiro 15 de novembro o Festival de Cine Internacional de Ourense
Fotograma da película que pode verse na galería de imaxes da páxina.
Fotograma da película que pode verse na galería de imaxes da páxina.

Apenas un mes antes da súa chegada á gran pantalla, a película “A Esmorga” (Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia) conta xa cun espazo de seu en internet. Dende a mañá do 14 de outubro está activida a súa páxina web: www.aesmorgafilme.com.

Este filme, baseado na novela homónima do ourensán Eduardo Blanco Amor, está dirixida polo valdeorrés Ignacio Vilar e conta entre o seu elenco de actores cos galegos Miguel de Lira e Antonio Durán “Morris” e co intérprete vasco Karra Elejalde. Ademais foi rodada en boa medida en localizacións da provincia de Ourense. Na web desta longametraxe pode atoparse diversa información sobre ela e tamén imaxes.

Imaxe principal da páxina web de "A Esmorga".
Imaxe principal da páxina web de “A Esmorga”.

“A Esmorga” proxectarase por vez primeira na apertura do 19º Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) o sábado 15 de novembro. Sen embargo, a estrea comercial en salas de cine de toda Galicia non terá lugar ata o venres 21 de novembro.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button