CulturaCulturaÚltima hora

O filme con selo ourensán “Pelerinaxes” proxectarase na Pobra do Brollón

Terá lugar mañá, 15 de agosto, na área recreativa de Samugueiros, e contarase coa presenza do director Simone Saibene

 

Á dereita, o director afincado en Ourense, Simone Saibene.

 

O filme “Pelerinaxes” proxectarase na noite de mañá, 15 de agosto, na área recreativa de Samugueiros, na Pobra do Brollón. Será ás 22:00 horas e contará coa presenza do director afincado en Ourense, Simone Saibene.

“Pelerinaxes” recrea o percorrido que fixeron en 1927 Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey entre Ourense e Santo André de Teixido. Está protagonizada pola actriz lucense Carmen Méndez, que interpreta a Luzía, una investigadora de Comunicación Audiovisual que percorre o camiño para rematar un proxecto audiovisual iniciado na universidade. Ademais de Méndez, o reparto do filme inclúe aos ourensáns Xoel Yáñez, Alfonso Míguez, Ruth Sabucedo e Isabel Risco.

 

Cartel da actividade.

 

Esta actividade está enmarcada no ciclo “O Camiño na Gran Pantalla”, onde se proxectan filmes cada  xoves de agosto. “Pelerinaxes” é a terceira do programa, á que lle seguirán “Ralph rompe internet” e “The Way”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close