CulturaCulturaÚltima hora

O filme galego “A Esmorga” de Ignacio Vilar poderá verse en aberto esta fin de semana

É unha proposta da productora Vía Láctea Filmes, a TVG e a Editorial Galaxia “para pasar mellor a corentena”

Os protagonistas de “A Esmorga”.

 

A crise sanitaria provocada polo coronavirus e o estado de alerta decretado polo Goberno de España, amosan o seu lado positivo en forma de solidariedade e axudas. Cada quen ofrece, dentro das súas posibilidades, o que ten para facer más levadeiro o confinamento.

Vía Láctea Filmes, TVG e Editorial Galaxia, produtoras de A Esmorga, ofrecen o filme dous días de balde para “contribuír coa nosa achega a acadar a disposición de espírito para a afouteza”, din, adiantando que enviarán un enlace mañá venres 20 de marzo ás 20 horas ata o luns 23 ás 06 horas, para o seu visionado en aberto.

Artigos relacionados

Back to top button