OurenseÚltima hora

O filme holandés “De nieuwe wereld”, o máis laureado do 19 OUFF

Lograba a Calpurnia á mellor película é o premio á mellor dirección, xunto coa mención especial ao elenco de intérpretes

O azar fai que unha limpadora holandesa e un solicitante de asilo de África se atopen. A partir de aí xurde unha relación inesperada que Jaap Van Heudsen convirte en filme en “De nieuwe wereld”. Un traballo que se convertía no máis laureado na noite do 22 de novembro na gala de clausura do 19 OUFF, conducida por Teté Delgado e co acompañamento musical do grupo ourensán Abuña Jazz.

Ata tres ocasións subía ao escenario do Auditorio Municipal de Ourense o seu co-guionista, Rogier de Blok, para recoller, primeiro a mención especial ao elenco de intérpretes da película “polo alto nivel do grupo interpretativo”, e despois os premio “Carlos Vello” á mellor dirección e o gran premio Calpurnia á mellor película. Ás súas palabras de agradecemento ao xurado, ao festival e ao público, sumábanse ás do director, Jaap Van Heudsen, a través dun video.

Tamén lograba máis dun galardón a cinta alemana “Ohne Dich”: á mención especial á actriz Katja Riemann “pola súa excelente interpretación”, o premio ao mellor guión e o premio do público. Todos eles recollíaos o seu director Alexandre Powelz que expresaba a súa satisfacción e daba ás grazas nun discurso no que intercalaba o inglés e o portugués.

O palmarés do 19 OUFF completábase co premio á mellor interpretación que lle correspondía a Nabil Asli, presente na gala, co premio do xurado que foi para “Simindis Kundzuli” de George Ovashvili e coa mención especial ao director de fotografía Beto Martins de “A história da eternidade”.

No decurso da entrega de premios tanto a concelleira de Cultura ourensá, Ana Garrido, como o alcalde, Agustín Fernández, facían un balance moi positivo desta edición do festival.

Xa na recta final do acto de clausura tiña lugar a proxección da curta “1:58” do director ourensán máis internacional, Rodrigo Cortés. Este traballo forma parte do proxecto Cinergía de Gas Natural Fenosa. E, de seguido, tras o cambio de pantalla os espectadores podían desfrutar co filme galego “Schimbare” de Álex Sampayo, un thriller social que con esta proxección se estreaba en Galicia.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close