OurenseÚltima hora

O filme “Live is life” do monfortino Dani de la Torre clausurará o 26 OUFF

Os catro actores protagonistas, debutantes no eido cinematográfico, Adrián Baena (Rodri), Juan del Pozo (un dos xemelgos), David Rodríguez (Suso) e Javier Casellas (Garriga) acompañaban ao cineasta na presentación e tamén estarán esta tarde na gala

 

Live is life do cineasta Dani de la Torre será a película de clausura da 26 edición do Ourense Film Festival (OUFF), esta noite no Auditorio Municipal. O director e os cinco actores protagonistas acudiron a un encontro cos medios antes da proxección do filme na gala final.

Dani de la Torre, Premio Ourense 2020 na pasada edición do festival de cine, comenzou agradecendo “que me deixen estar aquí de novo. Estou moi feliz e espero sobre todo que a peli guste. Ademais de rodar na Ribeira Sacra, rodamos aquí en San Pedro de Rocas e hoxe é o seu primeiro pase en Galicia”.
“Trata dun grupo de rapaces que viven unha última aventura antes de ser adultos. É unha homenaxe a esa xeración que nos criamos nos 80 e vivimos en liberdade. É unha película bonita, con sentimentos, das que en España xa case non se fan” comentou o director.

Os catro actores protagonistas, debutantes no eido cinematográfico, Adrián Baena (Rodri), Juan del Pozo (un dos xemelgos), David Rodríguez (Suso) e Javier Casellas (Garriga) acompañaron ao cineasta no encontro cos medios e asistirán tamén a gala que terá lugar esta noite, ás 20.30 horas no Auditorio Municipal. Todos eles comentaron que esta “foi a súa primeira experiencia cinematográfica” e destacaron que “foi moi fácil traballar con Dani”.

 

 

Con localizacións en Lugo (incluindo Pantón, Sober, Quiroga, O Saviñao e Monforte de Lemos) e Esgos, en Ourense, Live is life non só serve de clausura para esta edición senon que forma parte dos escenarios de cine que recupera a exposición Atención, rodamos en Ourense que poderá verse ata o vindeiro 26 de outubro no Centro Cultural Marcos Válcarcel.

Live is life, a película

Verán de 1985. Como todos os anos, Rodri abandona Cataluña e regresa á cidade galega dos seus pais para reunirse coa súa banda. Non obstante, este ano é diferente para el e os seus amigos. Os problemas do mundo real comezan a aparecer nas súas vidas ameazando con desgarralos.

Dani de la Torre

Dani de la Torre (Monforte de Lemos/Lugo, 1975). Director, director e guionista. Estuda Imaxe e Son en Ourense. A súa exitosa carreira como cineasta permitiulle dirixir a miniserie de 2010 Free Sea, a máis vista dese ano na televisión rexional. Debutou na longametraxe en 2015 con El desconocido, gañador de dous Goya e once Mestre Mateo. Con A sombra da lei (2018), gañou tres Goya e dez Mestre Mateo. Creador e director da serie La Unidad, a mellor estrea histórica de contido orixinal en Movistar. En 2020 recibiu o Premio Ourense no OUFF.

Artigos relacionados

Back to top button