CulturaCulturaÚltima hora

O filme “María Solinha” estrearase en Trives en autocine o 4 de xullo

A alcaldesa de Trives e o tenente de alcalde, con Ignacio Vilar e Xoán Mariño, durante a súa visita á vila./ Foto cedida.

 

Trives acollerá o vindeiro 4 de xullo a estrea de “María Solinha”, o último filme do director petinés Ignacio Vilar. Será ademais unha estrea en formato autocine. A pasada Ignacio Vilar e Xoán Mariño achegábase ata esta vila para analizar, xunto á alcaldesa e ao tenente de alcalde triveses, as distintas ubicacións para a estrea da película.

No pase da película en xullo, cunha gran pantalla ao aire libre e un área de estacionamento para os automóbiles, estarán o propio director, actrices e actores e membros do equipo de rodaxe. Esta é “unha actividade que se permite polos protocolos sanitarios e que aposta por situar a Trives min espacio cultural de calidade”, explica a alcaldesa, Patricia Domínguez.

Este será un acontecemento que “permite que, por primeira vez, unha película conte coa súa estrea no rural e non nas cidades”, conclúe a rexedora.

Artigos relacionados

Back to top button