CulturaCulturaÚltima hora

O filme “Padre no hay más que uno” proxectaráse este 10 de agosto en Arcos (Vilamartín)

A sesión será ás 22:30h no centro social da localidade

A localidade de Arcos acollerá, este luns 10 de agosto, unha sesión de cine na rúa coa película “Padre no hay más que uno”, de Santiago Segura. A proxección será ás 22:30h no centro social e está organizada polo Concello de Vilamartín de Valdeorras.

A película, do ano 2019, está dirixida e protagonizada por Santiago Segura. Narra a historia dun pai de familia despreocupado que vese obrigado a coidar dos seus fillos cando a súa muller se vai de viaxe. “Padre no hay más que uno” foi unha das mellores estreas do seu ano en salas españolas.

 

Cartel da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button