OurenseÚltima hora

O filme “Sempre Xonxa”, rodado en Santoalla (Petín), nunha das exposicións do 24 OUFF

A programación paralela do festival tamén incluirá as mostras “O intimismo da rodaxe de Elisa e Marcela” de Zoe Sala Coixet e “Memoria erótica” de Xurxo Oro Claro

 

No marco das actividades paralelas da 24ª edición do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) incluíranse tres mostras artísticas relacionadas co mundo do cinema que poderán visitarse na cidade das Burgas. Unha delas será “Filmado en Ourense. Chano Piñeiro. 1989-2019”.

Así, neste 2019 celébrase o 30 aniversario do filme “Sempre Xonxa”, rodado na aldea de Santoalla (Petín) e, polo tanto, as tres décadas dunha das primeiras longametraxes de ficción galega e en galego. Para conmemorar esta efémeride o OUFF inclúe a mostra “Filmado en Ourense. Chano Piñeiro. 1989-2019”, comisariada por Marta Villar e que reivindica a provincia de Ourense como escenario natural nas orixes do cine galego.

Na mostra poderán verse obxectos persoais do director, cedidos pola súa viúva Mariluz Montes, ademais de diversos elementos destacados da película. “Trátase dunha exposición sen precedentes que cimenta unha das liñas programáticas do festival: o seu compromiso co audiovisual galego. A exposición complementase coa proxección en bucle da película”, adiantan dende o OUFF. A inauguración será o vindeiro 17 de setembro ás 18 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Ademais haberá outras dúas exposicións: “O intimismo da rodaxe de Elisa e Marcela” de Zoe Sala Coixet e “Memoria erótica” de Xurxo Oro Claro. A primeira delas componse de 24 fotografías tomadas por Zoe Sala Coixet na rodaxe de “Elisa y Marcela” que reproducen algúns dos momentos máis íntimos protagonizados polas dúas actrices protagonistas da película: Natalia de Molina e Greta Fernández. O traballo constitúe a primeira mostra en solitario da fotógrafa catalá, filla da directora Isabel Coixet, e poderá ser visitada no Centro Cultural Marcos Valcárcel entre o 23 de setembro e o 13 de outubro.

Por outra banda, a Fundación Carlos Velo recuperou a colección de relatos inéditos de Carlos Velo que forman a publicación “Memoria erótica”. O artista Xurxo Oro Claro asumiu a responsabilidade de crear as ilustracións que forman parte da publicación. As obras de Oro Claro amósanse agora, por vez primeira, nunha exposición organizada pola Fundación en colaboración co OUFF. A Galería Visol acollerá esta mostra inédita do 26 de setembro ao 5 de outubro.

 

 

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close