CulturaCulturaÚltima hora

O filme do valdeorrés Ignacio Vilar, competirá na Sección Oficial do 50º WorldFest-Houston (EE.UU.)

Sicixia, rodada na Costa da Morte, tamén participará no 35º Festival Cinéma d’Alès-Itinérances (Francia)
Fotograma do filme protagonizado por Monti Castiñeiras e Marta Lado.

A longametraxe Sicixia (Vía Láctea Filmes e TVG), dirixida polo valdeorrés Ignacio Vilar, será proximamente presentada a nivel internacional en dous festivais en Francia e EE.UU.

O filme galego protagonizado por Monti Castiñeiras e Marta Lado competirá na Sección Oficial do 50º WorldFest-Houston (Texas), o 3º festival máis lonxevo de EE.UU., na categoría de “Filme estranxeiro” onde opta aos seguintes galardóns: Grand Award (Mellor filme estranxeiro); REMI Special Jury Awards (Premio especial do xurado); REMI de Platino, REMI de Ouro, REMI de Prata e REMI de Bronce. A proxección de Sicixia terá lugar o domingo, 30 de abril, ás 17h. no The AMC Studio (Houston).

Por outra banda, o último filme de Ignacio Vilar representará o patrimonio material e inmaterial da Costa da Morte e a Rapa das Bestas de Sabucedo na 35ª edición do Festival Cinéma d’Alès-Itinérances en Alès (Francia). Tal como explican dende Vía Láctea Filmes, Sicixia participa na sección “Inédits” xunto a unha decena de longametraxes de ficción procedentes de todo o mundo, sendo a única producida integramente en España. A proxección terá lugar o vindeiro sábado, 25 de marzo ás 11h. no Cratère Théâtre (Alès).

Artigos relacionados

Back to top button