DeportesÚltima hora

¿O final do C.D. Rúa?

O club non ten directiva e o prazo para inscribir aos equipos na Federación remata o 23 deste mes de xuño
Membros da anterior directiva durante a asemblea celebrada onte. /Foto: Mónica G. Bellver.
Membros da anterior directiva durante a asemblea celebrada onte. /Foto: Mónica G. Bellver.

Un ano máis o futuro do Club Deportivo Rúa é incerto. Moito teñen loitado algúns afeccionados por manter vivo ao club aínda que parece que son minoría e pouco lles importa ao resto que o mítico club desapareza. Polo menos esa é a sensación que queda trala última asemblea de socios celebrada na Rúa na tarde do 7 de xuño.

Unha semana antes, a directiva da tempada 2015/2016 con Juan Carlos Barrocas ao fronte, presentaba a dimisión e convocaba unha nova asemblea para que se presentara unha alternativa que collera as rendas. Mais ningén o fixo e á reunión apenas se presentaron unha decena de socios.

Ante esta situación, o club queda sen directiva e cun prazo de 15 días para que alguén se faga cargo e inscriba ao equipo (ou equipos) na Federación. O prazo remata o 23 deste mes de xuño.

Artigos relacionados

Back to top button