DeportesPiraguismoÚltima hora

O Fluvial Barco e o Fluvial Allariz, no Campionato de España de inverno en Sevilla

O mellor resultado da representación ourensá viña da man de Miguel Fernández do club valdeorrés, cun sexto posto

Os tres padeixeiro do Fluvial Barco e o de Fluvial Allariz en Sevilla, antes de iniciar a competición./ Foto: Delegación da Federación Galega de Piragüismo na provincia de Ourense.

 

O río Guadalquivir ao seu paso por Sevilla acollía na pasada fin de semana o campionato España de piragüismo de inverno para as categorías Junior, Sub23 e Sénior en embarcacións individuais, sobre unha distancia de 5.000 metros. Un total de 792 piragüistas (530 homes e 262 mulleres), pertencentes a 113 clubs do conxunto da xeografía española acudían á cita, que se disputaba sen público e baixo unha estritas medidas de seguridade.

Entre os participantes estaban catro representantes ourensáns da categoría senior (absoluta) dos clubs Fluvial O Barco (3) e Fluvial Allariz (1). O mellor resultado viña da man de Miguel Fernández Castañón, que vestía a camiseta do Fluvial Barco, que quedaa sexto.

Esta foi a primeira competición nacional da tempada, despois dunha longa paréntese, xa que durante o ano 2020 a Federación Española de Piragüismo suspendeu todas as competicións nacionais do seu calendario oficial. Polo tanto, desde finais do ano 2019 ata a data, era esta, a primeira competición nacional desta “nova normalidade”.

Os resultados dos deportistas da provincia no campionato son os seguintes:

Fluvial O Barco
Miguel Fdez. Castañón: 6º
José Julián Becerro: 10º
Jesús Rodríguez León: 28º

Fluvial Allariz
Pablo Feijóo Vilanova: 97º

Artigos relacionados

Back to top button