DeportesÚltima hora

O Fluvial Barco, no campionato galego infantil de piragüismo

Padexeiros do Fluvial Barco e do Fluvial Allariz, no galego infantil./ Foto cedida.

Seis padexeiros do Club Fluvial Barco participaban na pasada fin de semana no campionato galego infantil de 3.000 m que se disputaba no encoro de Belesar en Taboada (Lugo). A proba reunía a uns 307 deportistas da comunidade (203 nenos e 104 nenas), entre eles estaban os tamén ourensáns do Fluvial Allariz.

No caso do Fluvial Barco, en K-1 infantil B Raúl Prada sitúabase no posto 13 e Nicolás Díaz no 48. En dama infantil A, Marta López era 44ª e Sabela Rodríguez 49ª. E, finalmente, Juanjo Rodríguez quedaba de 19º en K-1 infantil A e Daniel Rodríguez no posto 24.

 

Artigos relacionados

Back to top button