DeportesÚltima hora

O Fluvial Barco, segundo por clubs na XXV Regata “Festa da Empanada” e campionato provincial en Allariz

O río Arnoia ao seu paso por Allariz era escenario o 19 de agosto da XXV Regata de Piragüismo “Festa da Empanada”, que desta ademais era campionato provincial de piragüismo, dentro da liga da Copa Deputación de Ourense.

Á cita, que se celebraba no tramo urbano entre a ponte románica e o edificio de “A Fábrica”, acudían uns 150 deportistas de todos os clubs da provincia. O percorrido competitivo era de 1.000 m para os padexeiros prebenxamíns, benxamíns e alevines, de 2.000 m para infantís e de 4.000 m para o resto de categorías, en embarcaciones individuais.

 

Público e deportistas gardando un minuto de silencio./ Foto cedida.

 

O mellor resultado por club lográbano os anfitrións do Fluvial Allariz, mentres que o Fluvial Barco era segundo e o Fluvial Avión-Catamarán Ribeira Sacra, terceiro. O S. C.D.X Fontefría (Muiños) lograba o cuarto posto da clasificación e a Escuela Municipal Orensana de Piragüismo era quinta.

 

Podio da regata por clubs./ Foto cedida.

Anteriormente o acto de entrega de trofeos rendíase homenaxe a José Luís González (Chelis), presidente da Escuela Orensana Municipal de Piragüismo, falecido a semana pasada no transcurso dunha regata. O presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, donde Fredy Bea, lembraba a súa actividade deportiva nun emotivo discurso ao final do cal gardábase un minuto de silencio.

Os resultados individuais da regata son os seguintes:

Artigos relacionados

Back to top button