DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Fluvial Barco suma cinco podios no 53 Descenso do Sil

A entrega de premios no Malecón poñía fin a esta 53ª edición da proba barquense

Cun certo retraso sobre o horario inicialmente previsto, procedíase á entrega de premios do 53 Descenso do Sil xa na noite do 14 de setembro no Paseo do Malecón do Barco. O acto comezaba cun agradecemento ás 80 persoas que participaban no dispositivo que garantía á seguridade desta proba de piragüismo, así como a entidades e persoas que colaboraron e traballaron para facer posible esta nova edición.

De seguido, dende a Concellería de Deportes do Barco rendíaselle unha homenaxe ao padexeiro da vila Sergio Ramos que, debido a unha lesión, nesta ocasión non puido participar no descenso.

A continuación dábase xa paso á entrega de premios, cinco dos cales quedaban en mans do Club Fluvial Barco. Así Jesús Rodríguez León impoñíase en K-1 sénior, no que é a xa a súa 18 vitoria neste descenso, mentres que Fernando García era primeiro en K-1 veteranos e José Antonio Girón segundo nesta mesma categoría. Por outra banda, Daniel Rodríguez e Juan José Rodríguez proclamábanse campións en cadete K-2. Xa en categoría feminina o K-2 de Silvia Cruz e Marta Paradelo tamén ganaba en muller sénior. Outro título valdeorrés viña da man de Kissi Torres, que vencía xunto a Mónica Piñeiro en K-2 veterano.

Por clubs, o ganador desta descenso era o C. Piragüismo Cidade de Pontevedra, en segundo lugar situábase As Torres Romería Vikinga e na terceira o Olívico de Vigo.

Este acto concluía coa entrega de galardóns aos participantes no I Descenso Popular do Sil.

Fotos: A.R.

Máis información e fotos:
https://osil.info/o-barquense-jesus-rodriguez-reina-novamente-no-descenso-do-sil/
https://osil.info/os-fotografos-tamen-se-apuntan-ao-descenso-do-sil/
https://osil.info/o-53-descenso-do-sil-un-referente-en-seguridade/
https://osil.info/o-publico-toma-o-rio-para-seguir-o-53-descenso-do-sil/

Artigos relacionados

Back to top button