DeportesGalerías de fotosPiraguismoÚltima hora

O Fluvial Barco suma nove metais na Copa España Sprint de augas bravas no río Sil

A competición continuará mañá coa Copa España clásica e co Campionato de España de Patrullas

Publicidade

 

Bo comezo para o Fluvial Barco nas competicións españolas de augas bravas que se están a disputar nesta fin de semana en augas do río Sil. Na tarde deste sábado arrancaba na zona do Cachón do Barco o programa deportivo coa 2º Copa de España Sprint do calendario nacional (tras a disputada en abril en Lleida).

 

 

Nesta competición o Fluvial Barco sumaba un total de nove metais tanto en probas individuais como en barco de equipo, segundo os resultados feitos públicos pola Real Federación Española de Piragüismo.

Así Manuel Freire vencía en C1 senior, mentresen C2 sénior o barco valdeorrés de Marcos González e Sergio Ruiz quedaba terceiro. Ademais Fernando García e Roberto Núñez eran segundo e terceiro, respectivamente, en K1 veterano; Nicolás Díaz ganaba en K1 cadete, Paula Paradelo clasificábase segunda en K1 cadete e tamén segundo entraba Daniel Rodríguez en K1 junior. Finalmente, en K1 sénior Sergio Ruiz era segundo e Jesús Rodríguez terceiro.

 

 

A competición española continuará mañá domingo a partir das dez coa Copa España Clásica (que será ademais campionato galego) e co Campionao de España de Patrullas (equipos de tres padexeiros). En ambos casos as saídas serán dende Éntoma.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button