DeportesÚltima hora

O Fluvial Barco, terceiro na liga provincial de piragüismo

O club valdeorrés quedaba a tan só un punto do segundo posto, en mans do Avión-Castrelo de Miño

O equipo do Fluvial Barco./ Foto cedida.

 

A Federación Galega de Piragüismo vén de facer pública a clasificación final por clubs da liga provincial de piragüismo na que o vencedor nesta tempada foi o Fluvial Allariz cun total de 343 puntos, despois das cinco regatas do calendario: As Conchas (Muíños), Albarellos (Avión), Velle (Barra de Miño-Coles), San Martiño (A Rúa) e río Arnoia (Allariz). En segunda posición sitúase o Fluvial Avión-Castrelo de Miño con 333 e a tan só un punto de diferenza, con 332, o Club Fluvial Barco.

Na cuarta posición está a S.C.D.X. Fontefría (Muíños) con 321 puntos e na quinta a Escola Municipal Ourensana de Piragüismo con 316 puntos.

No global de participantes houbo máis de 500 nesta liga, sendo a regata de Allariz, con preto de 150 inscritos, a máis concurrida.

Na vindeira fin de semana rematarán as competicións oficiais da presente tempada coa disputa en Vigo do campionato galego alevvín, benxamín e prebenxamín, a onde acudirán os equipos ourensanos do Fluvial Allariz, Fluvial Avión-Castrelo de Miño e Fluvial O Barco, cos seus deportistas menores de 12 anos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button