DeportesÚltima hora

O Fluvial Barco, terceiro por equipos na regata provincial de Castrelo de Miño

O vencedor da cita era o Fluvial Avión, seguido do Piragüismo Ourense

Podio por clubs na regata provincial de Castrelo de Miño./ Foto: Delegación provincial da Federación Galega de Piragüismo.

 

Esta fin de semana celebrábase a segunda regata provincial de piragüismo que forma parte da liga ourensá-Copa Deputación de Ourense 2022, á que asistiron 110 deportistas (64 homes e 46 mulleres) de todos os clubs da provincia, segundo informa da Delegación provincial da Federación Galega de Piragüismo.

Esta proba estaba organizada polo club Fluvial Avión-Castrelo de Miño e desenvolvíase no encoro de Castrelo de Miño ante a atenta mirada de numeroso público. O circuíto da regata tiña un percorrido de 1.000 m para pre-benxamíns, benxamíns e alevíns, 2.000 m para infantís e 4.000 m para os cadetes.

 

Clasificación xeral por clube:
1º – Fluvial Avión-Castrelo de Miño
2º – Piragüismo Ourense
3º – Fluvial O Barco
4º – Fluvial Allariz
5º – S. C.D.X Fontefría (Muiños)

Artigos relacionados

Back to top button