CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O Folión de Buxán e as Bonitas de Sande, Eixpressões 2014

Estas xornadas comezaban ás tradición da parte norte da península tiñan lugar en Largo das Neves (Portugal)

O “4º Encontro de Teatro Popular do Noroeste Peninsular, Eixpressões” celebra este ano a súa cuarta edición, mantendo dúas datas e lugares de celebración: Largo das Neves e Viana do Castelo.

Na primeira destas localidades arrancaba o programa de actos na fin de semana do 4 e 5 de xullo cunha serie de actos que poñían de relevo diversas manifestacións tradicionais desta zona da península, entre as que non faltou a pegada ourensá.

Así, entre os actos da xornada do 4 de xullo, figuraba unha represenación da “Danza da Virxe de Luz” (Santa Tegra, Castro Caldelas), interpretada pola Escola Provincial de Danza-Castro Floxo. Ao día seguinte o ritmo do Entroido ourensán tomaba o Largo das Neves co Folión de Buxán (O Bolo) e tamén a mascarada das Bonitas de Sande (Cartelle). Na tarde do 5 de xullo actuaban as Cantareiras do Vale do Neiva (Portugal), os xenerais e correos de Teo (A Coruña) e podía contemplarse os traxes, concertinas e o xogo do pau da man do Grupo de S. Paulo, (Barroselas, Portugal).

Tamén soaba as cantareiras e os gaiteiros de Teo, acompañando as danzas tradicionais, e xa pola noite representábanse as celebracións de Mouros e Cristianos de (Mouriscados-Mondariz) e as vodas celtas (Bretoña-A Pastoriza).

Malia a chuvia que comezaba a cair pola noite o programa cumpriuse e non se suspendeu ningunha das actuacións previstas.
Este encontro proseguirá na terceira fin de semana de xullo en Viana do Castelo.

Texto: A.R. Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información e fotos na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button