CulturaCulturaÚltima hora

O Folión de Manzaneda cóase na entrega dos Premios de Teatro María Casares

Case ao final da gala de entrega dos XXI Premios María Casares, que se celebraba na tarde do 29 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o Entroido de Manzaneda convertíase en protagonista. Na entrega do galardón ao mellor espectáculo de teatro, que recaía en “Eroski Paraíso”, un dos seus actores, Miguel de Lira, tomaba a palabra e mencionaba ao folión de Manzaneda.

“A xente de Manzaneda díxome, se tes oportunidade de saír na televisión manda un saúdo, e vouno facer aquí aínda que é un pouco forzado: un saúdo para os de Bidueira e para toda a xente do folión de Manzaneda!”, dicía o actor, ao carón do Premio María Casares, e rodeado polo equipo de “Eroski Paraíso” e por Pepo Suevos, presentador da gala. Esta entrega de premios podía verse na TVG na pasada noite.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button