En portadaÚltima hora

O folión de Viana do Bolo e as Bonitas de Sande, nun encontro de Entroidos en Cobres (Pontevedra)

Un bos Boteiros do Folión de Viana do Bolo, noutro desfile./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A localidade de Cobres (Vilaboa, Pontevedra) acollerá na fin de semana do 7 e 8 de xullo o II Encontro de Entroidos. Nel participarán oito manifestacións carnavalescas, algunhas galegas, pero tamén chegadas doutros puntos da península. A representación ourensá correrá a cargo do Folión e os Boteiros de Viana do Bolo, así como das Bonitas de Sande.

 

As Bonitas de Sande (Cartelle)./ Foto: Carlos G. Hervella.

Tamén participarán o Entroido de Samede (A Coruña), os Sidros e comedies de Val de Soto (Asturias), os Merdeiros de Vigo, o Antruido en la Paré de Piasca (Cantabria) e, por suposto, os anfitrións: o Entroido de Cobres e os Veteranos/as de Cobres (Vilaboa).

 

Entroido de Cobres (Vilaboa)./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button