ConcellosÚltima hora

O folión e os Boteiros de Viana do Bolo, no X Festival da Máscara de Zamora

Era a única tradición galega neste encontro de mascaradas, celebrado na tarde do 29 de setembro
Os membros do Folión de Viana do Bolo, en Zamora./ Foto cedida por Jorge Domínguez.

Da praza da Marina de Zamora partía arredor das seis da tarde do 29 de setembro o desfile do X Festival da Máscara. Con el cobraban vida unha serpe duns 25 rituais de diferentes puntos da península. Nesta edición a única representación galega viña da man do Folión e dos Boteiros de Viana do Bolo, que enchían coa forza do seu toque o centro da capital zamorana.

Ademais podía verse unha ducia de mascaradas da provincia de Zamora. Tamén era ampla a representación lusa neste festival con media ducia de grupos de Bragança. Ademais había mascaradas doutras zonas españolas como Madrid, León, Asturias ou Cáceres. O desfile concluía na praza Viriato.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close