CulturaCulturaEducaciónEntroido 2020Galerías de fotosÚltima hora

O folión infantil percorría Vilariño de Conso neste Xoves de Comadres

 

Dun xeito moi especial celebraba este Xoves de Comadres o CEIP San Martiño de Vilariño de Conso. A partir das 15h. saía da praza da vila o seu folión infantil, con bombos e gadañas e formado polos escolares do centro e tamén apoiado por outros membros da comunidade educativa.

Ademais intentouse recrear o ritual da visitas entre aldeas, tal e como se facía antigamente. Así os pais e nais recibían ao folión infantil á entrada da praza e logo daban unha ronda tocando cos meniños por Vilariño, algo que  facía emocionar a algunhas persoas maiores. Tampouco faltaba a fariña.

Os actos para celebrar o Entroido neste colexio continuarán mañá venres 21 de febreiro.

Fotos cedidas por Julio Martínez.

 

Artigos relacionados

Back to top button