CulturaCulturaEntroido 2020Última hora

O Folión Os Labregos remata o Entroido no “Enterro da Sardiña” de Carril

 

Arredor das seis da tarde deste sábado 7 de marzo comezaba en Carril (Pontevedra) a celebración do “Enterro da Sardiña” (prevista para a fin de semana anterior, o 1 de marzo, pero aprazada polo mal tempo). Entre os participantes neste acto de despedida do Entroido estaba, un ano máis, o Folión Os Labregos da Pobra de Trives, que envolvía co trepidante ritmo dos seus bombos e gadañas e coas carreiras dos seus Boteiros esta localidade.

A comitiva percorría as rúas da vila e remataba na praza da Liberdade.

Fotos cedidas polo Folión Os Labregos.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close