Cultura

O Folión Os Viticultores de Vilamartín, na oitava edición da mostra portuguesa Eixpressões

Serán os únicos representantes ourensáns neste Encontro do Teatro Popular do Noroeste, no que haberá outras catro manfestacións culturais galegas
Membros do Folión Os Viticultores de Vilamartín, tocando./ Foto: Carlos G. Hervella.

Os bombos do Folión Os Viticultores de Vilamartín de Valdeorras soarán o vindeiro 7 de xullo a partir das nove da noite en Viana do Castelo (Portugal). Esta manifestación carnavalesca participará no “8º Encontro do Teatro Popular do Noroeste Peninsular. Eixpressões 2018”, onde tamén estarán presentes outras catro manifestacións galegas: o Desembarco Vikingo de Catoira (Pontevedra), as Pandereteiras de Mouriscados (Mondariz), as Danzas dos Arcos de Cariño (A Coruña) e as Danzas das Espadas de Marín (Pontevedra).

Este encontro constará de dúas xornadas. A primeira delas será o 7 de xullo en Viana do Castelo e a segunda o 14 de xullo no Largo das Neves.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button