CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O folión soa no verán de Trives

No marco da VII Mostra de Patrimonio Inmaterial tiña lugar nesta vila o chamado “Entroido de Verán”

Cos cantos de taberna encetábanse na tarde-noite do 7 de agosto os actos da VII Mostra de Patrimonio Inmaterial de Trives, que promove a Asociación Cultural A Caniceira. O programa, que se desenvolvía do 7 ao 9 de agosto, incluía un amplo abano de propostas culturais e lúdicas como unha mostra de artesanía polas rúas do casco antigo, diversas actuacións e o denominado “Entroido de Verán” coa participación de catro folións do oriente ourensán (os triveses da Caniceira e Os Labregos, Os Arrieiros de Petín e o da Asociación Xuntos polo Folión de Vilariño de Conso) que enchían co intenso ritmo dos seus toques cada recuncho da localidade. Multitude de persoas se daban cita en Trives para desfrutar destas actividades.

Fotos: Ángeles Rodríguez
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button