OurenseÚltima hora

O Foro da Comunicación de Galicia reivindica a profesionalización da comunicación

A xornada celebrada en Expourense demostra que coa crise e as redes sociais o xornalista convértese en traballador multimedia e emprendedor
Algúns dos ponentes que asitiron ao encontro.
Algúns dos ponentes que asitiron ao encontro.

Máis de 200 persoas entre profesores de universidade, alumnos e profesionais e emprendedores se daban cita no 2º Foro da Comunicación de Galicia celebrado o 20 de novembro en Expourense, unha xornada que xirou sobre tres eixes fundamentais: reivindicar a comunicación elaborada por profesionais como ferramenta diferenciadora, analizar os novos perfís laborais xurdidos da irrupción das redes sociais e a avaliar a calidade da información nun contexto de crise.

Ao longo da xornada, máis de 20 relatores explicaron os conceptos básicos para enteder a comunicación na actualidade que xa non é un proceso liñal, senón circular onde o cliente final se converte en prescriptor da información que recibe, da tendencia de contar historias para chegar ao cliente a través do afecto, ou da narración multiplataforma, deixando a comunicación nas mans dos usuarios/ público buscando, máis que clientes, cómplices.

Asistentes ao foro celebrado en Expourense.
Asistentes ao foro celebrado en Expourense.

Contando co patrocinio da Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, o 2º Foro da Comunicación presentou ademais casos de éxito e demostrou que se trata dun eido onde ten cabida o emprendemento e, ademais, analizou o novo perfil do xornalista que se converte en traballador multimedia que escribe, fotografía, publica e postea e que ten por diante o difícil reto de captar a atención dun consumidor que está saturado de información.

No foro analizáronse asemade temas de actualidade como a mesa de debate sobre a igualdade de xéneros nos medios, a análise da situación dos profesionais no ámbito da comunicación institucional e as funcións dos titulados en CC, así como o tema do uso do galego na comunicación.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close