OurenseÚltima horaVídeos

O forte temporal deixa numerosas incidencias na cidade de Ourense

 

Na tarde deste domingo 13 de xuño a tormenta descargaba con forza sobre a cidade de Ourense, converténdose nun autentico temporal. Ata o punto de que a Policía Local, Bombeiros e un grupo de voluntarios de Protección Civil tiveron que atender máis dun cento de incidencias.

Durante a mañá de hoxe seguiron a retirar da rúa cascallos e pólas de árbores que podían causar perigo para as persoas, tales como desprendementos dos tellados ou estruturas, así como para sinalizar e valar as zonas afectadas.

 

 

Entre as incidencias máis graves están o envorco dun vehículo con dúas persoas feridas sen gravidade; e unha árbore caída sobre a estrada sobre un vehículo, atrapando a dúas persoas que resultaron feridas sen gravidade; pero tamén houbo numerosos desperfectos sobre todo en tellados.

E non é para menos dada a forza dos refachos de vento, tal como pode apreciarse neste vídeo gravado por un veciño de Ourense.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button