OurenseÚltima hora

O forte vento causa caídas de árbores, alumeado público e tellados en Verín

 

Como consecuencia do forte vento que acompañaba a tormenta nesta tarde producíanse numerosas incidencias no municipio de Verín, principalmente por caída de árbores, alumeado público e tellados. Ante estas situacións interviñan os voluntarios de Protección de Civil de Verín, os Bombeiros do parque de Verín, a Policía Local, a Garda Civil e persoal do Concello.

Por outra banda, en Xinzo de Limia a caída dunha árbore interrompía a circulación na estrada que conecta a Autovía coa  N-525, no tramo do Polígono Industrial.

 

 

43 incidencias na provincia de Ourense

Desde as 12:00 horas deste mediodía ata as 18:00 horas o 112 Galicia contabilizou un total de 166 incidentes. A maioría na provincia de Lugo con 105 incidentes, seguida a provincia de Ourense con 43 incidencias rexistradas, 10 na provincia da Coruña e 8 na provincia de Pontevedra. “A tipoloxía máis repetida foi a de árbores ou pólas desprazadas e caídas nas estradas cun total de 82 incidencias na provincia de Lugo e 27 na provincia de Ourense”, segundo o 112.

Pese á alerta decretada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía para o día de hoxe de nivel amarelo por tormentas, especialmente para a provincia de Lugo, “cómpre sinalar que ditos fenómenos poden vir acompañados de fortes ventos, chuvias e sarabiadas. Por iso, desde o 112 Galicia recordamos extremar as precaucións no caso de verse obrigados a facer algún desprazamento”, tal e como se matiza dende este organismo.

Fotos: Facebook Protección Civil do Concello de Verín.

 

Artigos relacionados

Back to top button