ConcellosÚltima hora

O fotógrafo rues Álvaro Rodríguez gana o III Concurso de Carteis Festa das Covas de Vilamartín

A directiva da Asociación de Coveiros de Vilamartín, organizadora deste certame, vén de facer público o seu fallo
Imaxe ganadora do concurso./ Foto: Álvaro Rodríguez Pérez.

O III Concurso de Carteis Festa das Covas de Vilamartín xa ten ganador. A  directiva da Asociación de Coveiros de Vilamartín vén de facer público o nome do galardoado, que se decidía o pasado 17 de maio.

“Decidiuse que o traballo gañador deste concurso fose unha fotografía do fotógrafo Álvaro Rodríguez Pérez “Purre” nativo de A Rúa e residente na cidade de Vigo”, explican dende a asociación.

O premio do concurso consiste en dúas entradas para a XXIII Festa das Covas en agosto, nunha noite para dúas persoas no Complexo Hosteleiro Paladium e nunha cea para dous no Hotel A Calzada de Arcos.

Dende a Asociación de Coveiros de Vilamartín amósase o seu agradecemento a “todos os que participastes neste concurso, contamos con todos vos para o ano que vén”.

Artigos relacionados

Back to top button