CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O fotógrafo Vítor Nieves, no proxecto internacional Território Expandido

O encontro reúne na Dársena da Coruña a obra de 27 fotógrafos de Galicia, Portugal e Brasil

Ao abeiro do Outono Fotográfico, que na última época ten expandido o seu territorio por diversos camiños co obxectivo de posicionar a fotografía galega a nivel internacional, nace Território expandido, un proxecto colectivo centrado na fotografía contemporánea no que colaboran o festival portugués Encontros da Imagem e o brasileiro Encontro de Agosto.

O acto central do programa é a exposición que na pasada fin de semana convertía a Dársena da Coruña nunha sala de arte ao aire libre, promovida pola Deputación coruñesa.

Xunto á mostra, na que participan 27 artistas procedentes de Galicia, Portugal e Brasil, a iniciativa inclúe obradoiros, conferencias, presentación de libros e encontros. Ademais de na organización, o fotógrafo ourensán, Vítor Nieves, curador do Outono Fotográfico, participou cunha charla xunto a Patrícia Veloso para falar e analizar o estado actual da fotografía contemporánea así como a importancia da creación de lazos internacionais.

Fotos: Natália G. Devesa

Artigos relacionados

Back to top button