DeportesÚltima hora

O FSF Quiroga, campión de liga

As quiroguesas vencían en casa ao Cidade de Lugo no último partido da tempada por 4 goles a 2

Cun punto de vantaxe sobre o segundo clasificado, o equipo feminino de fútbol sala de Quiroga, xógabase a liga no último partido da tempada. “Se gañamos somos campionas” dicía emocionada Isabel, unha das xogadoras, só dous días antes do gran encontro. Sen perder un só partido en toda a tempada, as rapazas de Andrés Novoa, tíñano todo da súa parte, ata a afección, que na tarde do sábado 18 de abril, enchía as bancadas do pavillón deportivo de Quiroga.

A expectación era moita e o FSF Quiroga non fallou. Por 4 goles a 2 vencía ao Cidade de Lugo (terceiro clasificado), converténdose no flamante campión da liga provincial feminina lucense 2014/2015.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button