ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Fulión Feminino de Viana fai vibrar á vila

Ás 13h. deste sábado 16 de febreiro comezaba a tocar na praza Maior, iniciando unha longa e intensa ronda que continuará ata a madrugada

Por terceiro ano consecutivo o Fulión Feminino de Viana do Bolo toma as rúas da vila co seu ritmo. As súas integrantes concentrábanse ás 13h. deste sábado 16 de febreiro na praza Maior da vila. Eran unhas 65 mulleres de diferentes idades (entre as que había nais, fillas e avoas) que comezaban a bater bombos e aixadas co toque de Viana, mentres subían ata o Cabo da Vila, dando unha volta polo casco antigo.

 

Xantar do Fulión Feminino./ Foto: Jessica Granja.

 

Despois facían unha parada para compartir un xantar no restaurante Stop, no Toural, tras a cal visitaban á propietaria da Casa Chelo, establecemento de hostalaría no que acostumaban comer os anos anteriores, e que xa pechou as súas portas. Dende alí iniciaban un percorrido, no que se lles ían unindo máis mulleres (ata ser unhas 80), con dirección á praza Maior onde ofrecían un fermoso espectáculo arredor das oito da tarde que atraía a numerosas persoas.

 

As integrantes do Fulión Feminino de Viana, tocando na praza Maior./ Foto: Carlos Ares.

 

Esta singular ronda feminina, dirixida por Jessi e que nesta ocasión non contaba con máscaras de Boteiro, concluirá de madrugada. Este é o único día do ano no que cobra vida este folión único. O resto do tempo do Entroido estas mulleres tocarán noutros folións como son o alternativo ou o do Cabo da Vila.

Cun precedente hai case 30 anos

Malia ao novidoso deste folión, non se trata do primeiro unicamente feminino que sae polas rúas de Viana. A mediados dos anos 90, e de xeito totalmente espontáneo, un grupo dunhas vinte mulleres casadas decidía unha noite de sábado saír pola vila tocando bombos e aixadas. A idea, que xurdía dun grupo de amigas, repetíase noutro Entroido máis, pero finalmente non tiña continuidade.

Fotos: Carlos Ares.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close